Benvido a ACYL Avogados (A Coruña - Vilagarcía - Galicia)
No noso escritorio atopará o apoio profesional que procura, a través dun equipo de avogados con longa experiencia en diferentes ramas do dereito. O noso ámbeto de actuación abrangue toda a Comunidade Autónoma de Galicia.
AVOGADOS
MARÍA JOSÉ ALMODÓVAR MELENDO
(Colexiada do Iltre. Colexio de A Coruña)
JUAN RICARDO LÓPEZ BORRAZÁS
(Colexiado do Iltre. Colexio de A Coruña)
LUIS ANTONIO CORES CASTRO
(Colexiado dos Iltres. Colexios de Pontevedra e A Coruña)
¿POR QUÉ O NOSO ESCRITORIO?
- Porque temos experiencia con grupos de moitos clientes e con asociacións.
- Porque podemos proporcionarlle un escritorio de referencia en calquera cidade europea e mesmo noutros continentes e garantirlle a comunicación e coordinación con ditos profesionais.
- Porque un asesoramento preventivo é sempre unha garantía. Incluso en cuestións en aparencia sinxelas a intervención do avogado pode afastar posteriores liortas e complicacións e aforro de tempo e cartos. A nosa prioridade é evita-lo futuro conflito. Un avogado non só é necesario para pleitear, senón para calquera xestións extraxudiciais.
- Porque os nosos principios susténtanse na negociación e no acordo extraxudiciais dentro do posible, acudindo á acción xudicial só cando é imprescindible.
- Porque nas relacións coa Administración o noso escritorio ten ampla experiencia e xa antes dun conflito xudicial coas entidades públicas é debida unha axeitada intervención do avogado perante todo o expediente administrativo. No mundo moderno é imprescindible o asesoramento letrado para evita-las actuacións irregulares dos poderes públicos.
- Porque o noso escritorio fai orzamentos polo miúdo coa predición de todas as situacións e incidencias que pode xerar a prestación do servizo e o eventual pleito.
- Porque a complexa área do Urbanismo é unha das nosas especialidades, ademáis de traballar no Dereito Civil (contratacións, indemnizacións, alugueres, herdanzas e matrimonial), Dereito Penal (acusación e defensa), o Dereito Penitenciario, o Dereito do Traballo e da Seguridade Social, o Dereito Mercantil e o Dereito Administrativo en xeral
- Porque o noso escritorio colabora con profesionais de alta experiencia e eficacia (procuradores, economistas e peritos) axeitados para a adecuada marcha do proceso..
- Porque sempre terá contacto directo e de cotío co Avogado director do seu proceso.
- Porque o noso escritorio conta con modernas ferramentas de traballo e con persoal de administración e avogados con moitos anos de experiencia nos servizos xurídicos.
DE INTERESE
» Herdanzas e sucesions
» Recuperación dos cartos pagados a cooperativas ou promotoras en promocions fracasadas
» Nulidade de claúsulas solo
» Recuperación dos gastos do préstamo hipotecario